miércoles, 15 de diciembre de 2010

O encontro con xela.

Una persona me animó a publicarlo, y otra persona cuyo criterio valoro mucho me dijo que le gustaba. Así que allá va. El gallego no suele ser lo mío, pero bueno, es lo que hay. Aquí va un pedacito de mi creación artística.


Ollos cruzados no hourizonte:
unha mirada, unha luz, un estalo…
sen embargo,
ollo sen retina,
mirada invisible,
luz negra dun misto non aceso,
estalo de silencio que desdebuxa os corazóns.
Unha alma xermola, é semente,
e talo, e follas do sublime desexo,
muro sen portas ou límite,
sabor amargo de inconsciencia,
raio sen fin planeando sobre o meu ser, dourado eu,
cores sen dono dun pallaso poeta
que rin dos papaventos nómadas.
Voltas dunha noria arriba e abaixo,
contedor do que os sentimentos escapan sen rumbo.
Unha mao tendida, ardente, quente,
trapecio das emocións, sen equilibrio,
caldeiro no lume da luxuria,
amor que atrapa os medos
ás rendas dunha calesa destrozada.
Pero todo pasa, río e vento sen son,
árbore que renega ante o muro, murcha,
combate contra unha sombra desaparecida.
Arrepentimento. Mágoa. Desilusión.
O espantallo do medo rindo, amosando
un amplo sorriso desdentado, lingua de trapo.
Lúa sen cuartos nun ceo Romeo de amor.
Unha esperanza sen principio, fin ou Isolda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario